viernes, 19 de abril de 2024

Día do Libro con Estefanía Padullés

 Hoxe por fin recibimos a moi agardada visita de Estefanía Padullés , a autora do libro " Un mundo para Maruxa " , que estivemos lendo e traballando nas últimas semanas . Como Estefanía , ademais de escritora tamén é ilustradora , estívonos ensinado en que consiste o seu traballo e cal é o proceso de creación das súas obras . Pero nós tamén fomos protagonistas elaborando coa súa axuda unha manualidade moi chula . A verdade é que se nos fixo moi curto o tempo ... Grazas Estefanía polo teu traballo e por compartilo con nós !

💓💓💓









martes, 9 de abril de 2024

Obradoiro Book Trailer

 Hoxe os nenos e as nenas de cuarto , quinto e sexto tiñamos unha misión especial : elaborar un book trailer sobre os libros de Estefanía Padullés que estamos a traballar . Así que , coa axuda do noso novo amigo Jesús , puxémonos mans á obra . Durante toda a mañá fomos guionistas , directores e directoras de cine , actrices , actores , montadores ... Non paramos un segundo! E o resultado de tanto traballo estrearase proximamente no blogue de Cusco...

Grazas Jesús e ata a próxima!

👋👋👋














viernes, 22 de marzo de 2024

Día da Árbore

 Para conmemorar o Día da Árbore , recibimos no cole a visita do persoal do Distrito Forestal nº1 ( Ferrol ) . Entre estes gardas forestais estaba Martín Blanco , pai da nosa compañeira Inés , de terceiro .

Ensináronnos en que consiste o seu traballo , fundamental para garantir a conservación do noso patrimonio natural , loitar contra os incendios forestais e a contaminación , etc. Todos e todas podemos e debemos axudar nesta tarefa tan importante .

Tamén nos agasallaron con varias árbores que nos axudaron a plantar e resolveron todas as dúbidas que tiñamos.

Grazas a tod@s pola vosa visita e noraboa polo voso traballo!

👏👏👏










viernes, 1 de marzo de 2024

Plásticos e reciclaxe

 Como o tempo non acompañaba para realizar traballos no exterior ,  aproveitamos a sesión de hoxe con Ángel , de EuroEume , para abordar un tema moi interesante e que sufrimos a diario . E é que o uso dos plásticos é moi perxudicial para a natureza e para nós mesmos e mesmas . Temos que facer todo o posible para ir substituíndoos por outros materiais máis ecolóxicos e sostibles .






viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía

 Como cada 23 de febreiro , hoxe celebramos no cole o Día de Rosalía . Lembramos á máis grande das nosas escritoras cun recital poético dalgunha das súas composicións máis célebres . 





viernes, 16 de febrero de 2024

Seguimos co noso horto

 Hoxe recibimos a visita de Ángel , de EuroEume , e fixemos varios traballos : transplantamos as plantas que tiñamos nos semilleiros , fixemos máis semilleiros para próximas plantacións e tamén puxemos tres trampas para loitar contra as velutinas , que xa empezan a atacar ...








martes, 30 de enero de 2024

Día da Paz

 Como cada 30 de xaneiro , hoxe conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia . Coas guerras e os conflitos que hai no mundo non podemos deixar de lembrar o fundamental que para todos e todas é a paz . Fixemos unhas manualidades moi chulas que colgamos da Árbore da Paz . Grazas a todas as familias por colaborar!

Despois do recreo bailamos a canción deste ano e tamén tivemos uns xogos colaborativos moi divertidos que preparou o profe Fer . Concienciación e diversión a partes iguais!

👐👐






jueves, 4 de enero de 2024

Festival de Nadal

 O 21 de decembro celebramos o tradicional Festival de Nadal . Despois da fantástica actuación de Paco Nogueiras , tocounos actuar a nós . E , coma sempre , os nenos e nenas do terceiro ciclo démolo todo . Presentamos , actuamos , bailamos , cantamos , contamos chistes e adiviñas... E sobre todo pasámolo ben!

Feliz 2024! 

😍😍